Licenciado en Dereito. Profesor Mercantil.-Interventor da Administración do Estado. Diplomado en Alta Dirección de Empresas polo Instituto de Estudios Superiores de Empresa. Censor Curado de Contas, Auditor pertencente ó Instituto de Auditoría e Contabilidade. Diplomado en Comunidades Europeas pola Escola Diplomática do Ministerio de Asuntos Exteriores. Pertence ó Corpo de Inspectores de Finanzas do Estado no que ingresou como nº1 da súa promoción e ó Corpo Técnico do Ministerio de Facenda e ó de Xestión de Facenda Pública. Desempeñou, entre outros, os postos de Interventor Adxunto do Ministerio de Sanidade, Xerente da Universidade de Santiago de Compostela e Interventor Xeral da Xunta de Galicia. Membro do Parlamento de Galicia polo Partido Popular na cuarta lexislatura (1993-97).
Con data 7 de febreiro de 1990, é nomeado Conselleiro da Presidencia e Administración Pública, cargo que desempeñou ata ó 18 de febreiro de 1999, no que cesou para presentarse como candidato do Partido Popular á alcaldía do Concello de Santiago.
Casado con catro fillos, na actualidade é voceiro do Grupo Municipal Popular no Concello de Santiago de Compostela e Vicepresidente da Deputación da Coruña.