Coro Piñeiro Vázquez


Data de Nacemento: 27 de xuño de 1960
Lugar de Nacemento: San Sebastián (Guipúscoa)
 Currículum

É licenciada en Psicoloxía pola Universidade Complutense de Madrid (1983), licenciada en Ciencias Políticas e Socioloxía (Especialidade Socioloxía Xeral) pola Universidade Complutense de Madrid (1985) e está en posesión do diploma de Directivo da Xunta de Galicia (1996). É funcionaria do corpo superior especial (Socióloga) da Deputación Provincial de Lugo desde 1985, ocupando posto de xefe de gabinete de Acción Social ata 1990, data na que se traslada á Administración Autónoma de Galicia, asimilada ó corpo superior xeral para ocupar os postos de: Xefe da área de Servicios Sociais da Delegación Provincial en Lugo da Consellería de Traballo e Servicios Sociais ata decembro de 2001, data na que esa competencia pasou a ser exercida a través da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e secretaria da Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Asuntos Sociais desde xaneiro de 2002 ata xaneiro de 2003, cando pasa á situación administrativa de “servicios especiais” como funcionaria do Corpo Superior da Administración da Xunta de Galicia, polo seu nomeamento como Delegada Provincial en Lugo da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

Actualmente é Directora Xeral de Dependencia, da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

 Obras realizadas

Asistiu a numerosos cursos de formación, xornadas e congresos relacionados cos servicios sociais e en ocasións participado como relatora ou docente.

 Outros datos de interese

A Xunta Provincial de Asistencia Social Penitenciaria de Lugo outorgoulle a Medalla Concepción Arenal no ano 1993. Ademais ten recibido diversas felicitacións administrativas como responsable da unidade administrativa “Área de Servicios Sociais” pola súa xestión administrativa e como membro do Comité de Calidade da Dirección Xeral de Servicios Sociais. Está casada e ten tres fillos.