É licenciado en Veterinaria pola Universidade Autónoma de Barcelona (1983-88), no exercicio libre da profesión desde daquela ata hoxe, na comarca de Ancares. Ten impartido cursos e charlas de diferentes materias clínicas e de hixiene alimentaria, tanto para veterinarios como para gandeiros. No ano 2002 foi elixido presidente da Asociación de Empresarios de Becerreá, incluindo a mesma no grupo de desenvolvemento Ancares, e entrando a formar parte da xunta directiva na Rede Rural de Desenvolvemento Ancares, na que ocupa desde xaneiro de 2006 o cargo de presidente. É administrador da empresa ‘Rastrexo Quads’, dedicada á oferta de ocio para o Turismo Rural.
Desde o ano 2003 é tenente-alcalde do Concello das Nogais (Lugo) polo PSOE.
Fundador e actualmente presidente científico do Seminario Ancares de Vacún de Carne, que se realiza na comarca de Ancares como un ciclo de post-formación para veterinarios.
Cofundador e primeiro presidente (1985) da Asociación de Axuda ó Desenvolvemento Veterinarios sen Fronteiras.
Colaborador en numerosas actividades sociales, culturais, de participación cidadá que se desenvolven na comarca de Ancares (Club Rodas Tolas, Escola de Tempo Libre, escolas deportivas, ocio para a terceira idade, etc...).
Activista social en todo o que concerne ó desenvolvemento sociocultural e socioeconómico da comarca de Ancares, está disposto a colaborar en calquera foro de traballo que teña relación cos temas anteditos.