Estudiou Bacharelato no Instituto Masculino de Lugo, cidade na que tamén ingresou na Escola de Maxisterio, logo foise a Santiago de Compostela para estudiar Filoloxía Románica, e, máis tarde, a Madrid para estudiar Xornalismo na "Escuela de Periodismo de la Iglesia". Comezou a súa carreira de xornalista no hoxe desaparecido xornal madrileño Diario SP. Foi redactor das revistas "Chan" (Madrid), "Triunfo" (Madrid), "Actualidad Económica" (Madrid), "Teima" (Santiago), "Viajar" (Madrid), "Tiempo" (Madrid), "CO&CO" (Barcelona) e dos xornais El País (Barcelona), Avui (Barcelona), El Periódico (Barcelona), El Progreso (Lugo) e La Región (Ourense). No semanario "Interviu" desempeñou os cargos de xefe de Investigación e redactor xefe. Foi director da revista "Gam" (A Coruña) e director de redacción da "Gran Enciclopedia Gallega". Na actualidade é xefe do gabinete de prensa do Concello do Ferrol.
Autor dos seguintes traballos: Galicia, realidade e conflicto social (ensaio, coautor, Banco de Bilbao, 1978), La conexión gallega, del tabaco a la cocaína (ensaio, Ediciones B, Barcelona, 1991) e Memoria infinda (Ediciones Pentalfa, Santiago, 1994).
Durante varios anos da dictadura franquista, foi correspondente dos servicios informativos da BBC de Londres baixo o pseudónimo de Antonio del Eo.
Foi galardoado co Premio Diego Bernal de Xornalismo en 2008, outorgado pola Asociación de Xornalistas de Galicia.