Publicou os seguintes libros: Valquiria (Premio Camilo José Cela 1993, Ed. Novo Século), Parque Central e outros relatos (Ed. Espiral Maior 1996), A historia de Chicho Antela (Premio Manuel García Barros de novela-accésit-1997, Ed. Espiral Maior), A quinta de Saler (finalista no X Premio de narrativa Torrente Ballester, 1998, Ed. Galaxia), Animalia (Premio Café Dublín de Narrativa, 1999, Ed. Galaxia), As rulas de Bakunin (Premio García Barros de Novela 2000, finalista do Premio Blanco Amor de Novela, do premio da Crítica Española e do Bispo San Clemente, Ed. Galaxia), Homónima (Premio Álvaro Cunqueiro de Narrativa 2000, Ed. Galaxia) e libros colectivos como Airadas de Palabras (que recolle os premios galardoados no certame Manuel Murguía de narrativa curta, Ed. Laiovento, 1997), Premios Pedrón de Ouro de diversos anos, Ed. Edicións do Castro, Homenaxe a Blanco Amor (Espiral Maior, 1998), Historia da pusilanimidade e catro contos (Asociación de Libreiros, 1995), A recortada e catro contos (Asociación de Libreiros, 1994), Minirelatos (Cartabón), O camiño de Santiago (Movistar-La Voz de Galicia, 1999) e unha multitude de relatos publicados en revistas e xornais. Está a punto de saír publicado o libro Cartafol do Barbanza e ten inédito o seu poemario Anatomía da dor, accésit do Premio Avelina Valladares.
En 2016 publicou a novela "Os elefantes de Sokúrov".
Foi galardoado e recoñecido en moitos certames como o Álvaro Cunqueiro, García Barros, Café Dublín, Torrente Ballester, Modesto R. Figueiredo del Pedrón de Ouro, Manuel Murguía, Camilo José Cela, Breogán de Contos, Castelao de Narrativa, Casa Galicia en León, Meigas e Trasgos, Vila das Neves, Ourense de Contos, Avelina Valladares, Rosalía de Castro, Galicia de Madrid, etc...