Diego Bernal licenciouse en Xornalismo na Escola Oficial de Xornalismo de Madrid e era Graduado Social pola Universidade de Santiago de Compostela. Colaborou en case tódolos medios de comunicación de Galicia, tanto en prensa escrita como radiofónica e TV. Traballou para a Axencia EFE, onde chegou a ser delegado xeral de Asturias e de Galicia. Foi director de Galicia Diario Digital e da Cadena Noroeste de radio.
Escribiu varios libros, sendo os máis destacados Soutomaior, Historias de Compostela, Crónica de la transición gallega, Siete puertas de Compostela e unha biografía do Cardeal Quiroga.