Antonio Pillado Montero


Categoría: Avogado e político.
Data de Nacemento: 22 de abril de 1936
Lugar de Nacemento: Cambados (Pontevedra)
 Currículum

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Avogado dos Colexios de Pontevedra e A Coruña. Maxistrado en excedencia. Deputado a Cortes na segunda, cuarta, quinta e sexta lexislaturas. Senador na terceira lexislatura. Alcalde de Cambados e Deputado Provincial desde 1987 ata 1990. Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

 Obras realizadas

Publicou diversos artigos en revistas xurídicas.

 Outros datos de interese

Está en posesión da Gran Cruz e a Cruz de Honor da Orde de San Raimundo de Peñafort.