Pepa Mariño Rivas


Pseudónimo:Pepa Mariño
Categoría: Pintora
Lugar de Nacemento: Pontevedra
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Currículum

É licenciada en Dereito. Autodidacta, realizou varios cursos relacionados coa pintura e utilización de materiais de reciclaxe, traballos de escultura, pintura, tapiz, instalación… Está inscrita na Guía de Artistas de Galicia. É secretaria da Asociación Galega de Arte e Cultura ‘AGAEC’ e xefa de Sección de Artes Plásticas.

 Obras realizadas

Realizou exposicións individuais na Sala do Banco Central Hispano, Sala Ricky e Sala Ktor, todas elas en Santiago de Compostela. Ten unha exposición permanente no seu obradoiro e entre as súas exposicións colectivas destacan: ‘Mujeres del mundo’, Sala Alba, Santiago de Compostela (A Coruña); Sala Fontiñas, Santiago de Compostela (A Coruña); Sala Aurelio Aguirre, Santiago de Compostela (A Coruña); ‘Lembrando a Dalí’, Fundación Araguaney, Santiago (A Coruña); Sala Unión Protectora de Artesáns, Santiago de Compostela (A Coruña); ‘Ekéctika Nadal’ Artsil Gallery, Ames (A Coruña); ‘Encontros no pazo de Adrán’, Teo (A Coruña); ‘Polimorfías Cromáticas’ Colectiva itinerante, Sala Gran Hotel (Santiago), Sala Gran Hotel (Lugo) e Sala Ateneo (Ourense) e Casa da Cultura en Porto do Son, Pontedeume e Pobra do Caramiñal (A Coruña).

 Outros datos de interese

Foi seleccionada para as seguintes exposicións colectivas : AGAEC, Sala Fundación Araguaney (Santiago), Sala de Exposicións do Casino Atlántico (A Coruña), Sala de exposicións do Casino da Toxa; Artistas Galegos no Parlamento Europeo (Bruxelas) e Empregados Públicos Galegos na Casa de Galicia en Madrid. Participou na elaboración do mural doado á Fundación Araguaney a beneficio do pobo palestino. Unha selección de esculturas súas está no catálogo de Mitoloxía do IES Las Adormideras (A Coruña). Obras súas están en coleccións particulares e en institucións públicas e privadas.