Juan Durán Alonso


Categoría: Profesor superior de Música
Data de Nacemento: 19 de setembro de 1960
Lugar de Nacemento: Vigo (Pontevedra)
 Currículum

Foi profesor titular do Conservatorio Superior de Música da Coruña (1987-1997), do que foi tamén xefe de estudos e director. Desde 1997 é asesor técnico de Ensinanzas Artísticas da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Dende o ano 2006 pertence ao Corpo de Inspectores de Educación.
É socio fundador e presidente da Asociación Galega de Compositores.
Reicibiu o Premio de Composición outorgado pola Universidade Carlos III de Madrid (2000). Como compositor, recibiu encargos da Consellería de Cultura, Orquestra Sinfónica de Galicia, Real Filharmonía de Galicia, Festival Mozart, etc...
Ten obras editadas en Arte Tripharia, Viso Editorial e Real Musical. Así mesmo, a súa música foi gravada en distintos rexistros por artistas como Antoni Ros Marbá, Joaquín Pixán, Alejandro Zabala ou Albert Nieto, entre outros.

 Obras realizadas

A súa producción compositiva abrangue diversos xéneros e acada case un cento de obras. A súa música ten sido interpretada en salas e ciclos da importancia do Ciclo de Cámara e Polifonía de Madrid, Auditorio Nacional, Palau da Música, Fundación March, Fundación Gulberkiam, etc...
De entre as súas obras cómpre destacar, ademais de abundante música de cámara e lied, a ‘Cantiga Finisterrae para múltiples voces de luz’, cantata para soprano, barítono, coro e orquestra, con texto de Miguel Anxo Fernán-Vello, estreada con dirección de Víctor Pablo, na temporada da OSG en 2001 ou a terminación da ópera de Marcial del Adalid ‘Inés e Bianca’, editada polo IGAEM.