Manuel Colmeiro Guimarás


Categoría: Pintor
Data de Nacemento: 7 de agosto de 1901 (†1 de outubro de 1999)
Lugar de Nacemento: Chapa- Silleda (Pontevedra)
 Currículum

Sendo aínda neno a súa familia emigro a Buenos Aires onde iniciou os seus estudios de pintura en 1917. De regreso a Galicia realiza a súa primeira exposición en 1928 nos salóns de Faro de Vigo. A partir de aquí ata 1936 Colmeiro expoñerá en diferentes cidades de Galicia, ademais de Lisboa, Bilbao e Barcelona. Ó ano seguinte casa con Emilia González, coa que terá tres fillos.

 Obras realizadas

A temática das súas obras era fundamentalmente o campo galego e as súas xentes. Así, son frecuentes os seus cadros de feiras, romarías, campesiños traballando ou gardando o gando, etc. Colmeiro realizou as seguintes exposicións individuais: -Sala Maragal (Barcelona, 1931). -Círculo de Belas Artes (Madrid, 1932). -Palacio de España (Lisboa, 1932). -Amigos del Arte (Buenos Aires, 1937). -Instituto Francés de Estudios (Buenos Aires, 1943). -Galería Müller ( Buenos Aires, 1947). -Galería Zack (París, 1950). -Galería Biosca (Madrid, 1958). -Sala Santa Catalina e Ateneo de Madrid (Madrid, 1961). -Broadway Gallery (Londres, 1964). -Galería du Passeur (París, 1965). -Galería Biosca (Madrid, 1965). -Galería Biosca (Madrid, 1972). -Galería Biosca (Madrid, 1975). Hai obras súas en varios museos españois e estranxeiros.