Mary Carmen Calviño Iglesias


Pseudónimo:M.C. Calviño
Categoría: Pintora
Data de Nacemento: 23 de maio de 1938
Lugar de Nacemento: A Xesta, Lalín (Pontevedra).

   Cultura

Opinión
 Currículum

Trasládase moi nova á Coruña, onde estuda Debuxo e Pintura. Nos anos 70 comeza a celebrar exposicións, tanto individuais como colectivas. En 1984 funda o seu propio taller, coordinando bianualmente as exposicións das obras dos seus alumnos, na biblioteca de Cambre, na Delegación de Cultura, ou na Estación Marítima. Colabora co suplemento cultural ‘Cataventos’, publicado en El Ideal Gallego. É membro asociado da Asociación de Artistas da Coruña, de ARGA Asociación de Artistas Plásticos Galegos e da Asociación Española de Pintores e Escultores con sede en Madrid. Tamén pertence á Sociedade Española de Estudos Literarios de Cultura Popular (Selicup).

 Obras realizadas

EXPOSICIÓNS 2001. Excmo. Concello da Coruña e Galería Crisol (Barcelona). 2002. Cidade de Arnhem (Holanda); exposición itinerante polas cidades de Burgos, Salamanca, Segovia e Alcalá de Henares, patrocinada pola Federación Española de Círculos e Casinos Culturais; colectiva no Hostal dos Reis Católicos (Santiago de Compostela) e finalista no Salón Internacional de Artes Plásticas ‘San Joan les Fonts’ (Gerona). 2003. ‘Artexpo New York’ no Javits Convention Center (Nova Iorque), colectiva no Círculo da Amizade, Liceo Artístico e Literario de Córdoba, Sala Toranto (Barcelona), Galería Essart (Gerona) e Sede de ARGA (Santiago de Compostela). 2004. Galería Manuela Talaverano (Sevilla), III Salón Internacional de Artes Plásticas (Gerona), Galería Alba, Ferrara (Italia) e Sede da Asociación de Artistas Plásticos Galegos. 2005. Club Financiero Atlántico da Coruña, Sociedade de Estudios Literarios de Cultura Popular (A Coruña), Círculo Mercantil de Vigo, Sanxenxo (Pontevedra), Exponadal Club Financiero da Coruña, Galería Cebriart (Barcelona), II Salón Internacional de Artes Plásticas (Gerona) e Caixa Galicia Santiago de Compostela. 2006. Galería del Palazzo Ruspoli (Roma).

 Outros datos de interese

PREMIOS E NOMEAMENTOS Foi nomeada académico correspondente (Sección de Arte), polas Academias ‘Il Marzocco’ y ‘Greci-Marino’, con sede respectivamente en Florencia e Vinzaglio (Italia) e recibiu medalla de ouro e diploma outorgado pola Federación de Galerías de Arte de Ferrara (Italia), o premio Cosmé Tura (medalla de ouro e diploma) por méritos artísticos e medalla e diploma no II Saló Internacional D'Arts Plastiques. Sn. Jaume de Llierca. BIBLIOGRAFÍA ‘Artistas del S.XXI’. Enciclopedia Nacional (Ediciones Ecuador 21, S.L.), ‘Artistas del Milenium’. Enciclopedia Europea, ‘Gran Enciclopedia Gallega’, ‘Guía 5000 galegos, quen é quen na Galicia do Século XXI’, editada polo grupo El Correo Gallego, Espasa Calpe. Diccionario Enciclopédico, ‘Guía de Artistas Plásticos’, publicada pola Xunta de Galicia, ‘Dizionario Enciclopédico, Internazionale D'Arte Contemporáneo’, editado por Alba (Ferrara-Italia), ‘Guía de Arte’, editada por Plecs D'Arts. L. (Barcelona), ‘La Table. Regards de Peintres et d'ecrivains’, Ediciones Regards (Francia), ‘Directorio de Mujeres Expertas’ (Xunta de Galicia), ‘Artistas para el Museo del Mañana’, Ediciones Ecuador e ‘Art. Pintores y escultores del S.XXI’, editado por Regards Francia.