Juan Bautista Varela de Vega


Categoría: Músico e escritor
Data de Nacemento: 21 de decembro de 1933 ( † 19 de marzo de 2014)
Lugar de Nacemento: Lugo
 Currículum

Comezou os seus estudios musicais con Isabel Fernández Barreiro, discípula predilecta de Xoán Montes, cursando Piano e Harmonía. Posteriormente, completounos cos de Contrapuntos, Fuga, Instrumentación, Composición, Dirección de Orquestra, Historia, Etnografía e Organografía musicais. Desde moi novo deu conferencias sobre música, cunha especial atención á Historiografía Musical, rama da Musicoloxía da que foi discípulo do gran musicólogo catalán José Subirá. Desde 1978 exerceu a crítica musical e foi articulista en varios diarios e revistas, con máis de mil traballos publicados. En 1980, co musicólogo Joaquín Díaz, fundou "Revista de Folklore", creando nela unha sección de Organografía Musical Popular Histórica, na que apareceron importantes series de instrumentos populares.

 Obras realizadas

Colaborou na Gran Enciclopedia Gallega, na que hai medio cento de artigos da súa autoría, no Diccionario da Música Española e Hispanoamericana, con máis de 100 e no The New Grove Dictionary of Music and Musicians, primeiro gran diccionario musical do mundo. Autor da obra Juán Montes, un músico gallego. Estudio biográfico, monumental biografía do insigne músico lucense, que foi prologada polo eminente musicólogo José López-Calo. Tamén publicou, en galego, Xoán Montes, o músico de Lugo, El músico Juan Montes y los poetas gallegos e Músicos de Valladolid. Antología biográfica, en tres volumes: Vol. I: Séculos XIV-XVIII; vol. II: Século XIX; Vol. III: Século XX. O libro 'Encuentros con la música... desde mi mesa' recolle moitos dos seus artigos musicais. Participou en numerosos congresos nacionais e internacionais.

 Outros datos de interese

Foi galardoado en diversas ocasións. Obtivo o "Diploma de Mérito", a "Medalla de prata" e a "Lira de oro" da Asociación Lírica "Amigos de la Zarzuela" de Valladolid.

Doutor en Musicoloxía, doutor en Dereito, licenciado en Socioloxía, membro de número da Real Confraría Internacional de Investigadores e da Real Academia de Belas Artes de Valladolid.