Pedro Agar y Bustillo


Categoría: Mariño e político
Data de Nacemento: En 1764 (†2 de outubro de 1822)
Lugar de Nacemento: Santa Fe (Colombia)
 Currículum

Fillo de pais galegos, Pedro Agar y Bustillo naceu en Santa Fe cando os seus pais se foron a América como axudantes de cámara do virrei de Nova Granada. Con dezaseis anos ingresou na Compañía de Gardas Mariñas do Departamento de Cádiz e foi nomeado brigadier. Tras embarcar no navío “Santo Domingo”, foi nomeado alférez de fragata en 1781 e tres anos máis tarde alférez de navío. En 1787 foi nomeado tenente de fragata e profesor de matemáticas da Escola de Gardas Mariñas de Ferrol. En 1791 ascendeu a tenente de navío e pasou ó corpo de Enxeñeiros da Armada no Departamento de Ferrol. En 1800 foi nomeado director das Compañías de Gardas Mariñas. Tras xurar o Rei a Constitución de 1812, Pedro Agar foi nomeado xefe político e capitán xeneral do Reino de Galicia.