-Estudios no Seminario de Lugo-Profesor de Lingua e Latín no colexio "Concepción Arenal" de Ourense; e de español no "Colexio alemán" de Vigo, e no "Labor "de Vigo.-Profesor de EXB en Chantada e en diversas escolas da comarca.-Delegado da "Caixa de Aforros" da Coruña e Lugo.-Correspondente en Chantada dos diarios "El Progreso" e "La Voz de Galicia" e emisoras "Radio Nacional" en Monforte e COPE (Radio Popular) en Lugo.
Pintor de Lignografías (sobre soporte de madeira, utilizando como materiais: Tinta China, Azafrán, Café, Pinturas, etc...)-Centos de obras relacionadas coa Galicia ancestral: meigas, feitizos, aquelarres, etc... Cultivou tamén a escultura, con algunha das súas obras obtivo premios nacionais ("O Cego de Romil").-Exposicións en Santiago, Lugo, Lisboa, Valladolid, Xixón, Ourense, A Coruña, Chantada, repetindo en varias desas cidades. Con gran éxito celebrou en Lugo unha exposición monográfica sobre as chemineas que se ven desde a Muralla e que se recolleu nun libro publicado pola Deputación de Lugo.
-Colaborador de cantas actividades culturais tiveron lugar en Chantada e limítrofes pobos en toda a súa dilatada vida. -Pertenceu ó padroado cultural da Deputación de Lugo. -Nomeado Lucense do ano no 1994.