Manuel Soto comezou a traballar moi novo como caixista na imprenta Pujol de Lugo. Ós vintecinco anos independízase e crea a súa propia empresa, chegando a se-lo primeiro editor que planificou todo un proceso editorial en Galicia. Tiña abertas dúas grandes coleccións, a relixiosa e outra que contaba con subseccións variadas. De tódalas obras que publicou, as máis importantantes para a cultura galega foron os dous primeiros tomos da Historia de Galicia de Murguía e a Gramática Galega de de J.A. Saco e Arce.A partir de 1869, a súa empresa editorial entra en crise debido á súa intransixencia ideolóxica ante a instauración da liberdade democrática de 1868 que, entre outras cousas, supuxo a liberdade de imprenta.
Como empresario xornalístico fundou La Aurora del Miño (1857), primeiro xornal de Lugo, La Paz (1869), xornal carlista e liberal, La Fe (1873), Diario de Avisos (1858), o Boletín do Clero do Bispado de Lugo (1860), o Boletín Oficial de Ventas de Bens Nacionais (1861) e o xornal El Gallego (1867).Ademais, é autor de artigos periodísticos e literarios e do ensaio bibliográfico La imprenta en Galicia, que foi premidado en 1868 pola Biblioteca Nacional.