Foi sacerdote e acompañou ó seu tío, Sebastián Malvar, cando foi ordenado bispo de Bos Aires. Cando este foi nomeado arcebispo de Santiago, regresou a España. En 1784 foi nomeado provisor e gobernador da Diocese de Lugo e ó ano seguinte mestreescola do seu cabido. En 1789 recibiu a Gran Cruz de Carlos III e dous anos máis tarde, en 1791, ocupou o cargo de sumiller, supernumerario e oratorio en Madrid e foille concedido o priorado do Sar polo rei. Ese ano entrou a formar parte do Consello de Castela. En 1792 foi designado secretario de Estado, secretario do Despacho de Gracia e Xustiza, e en 1794 conselleiro de Estado. Foi perseguido e fuxiu a Francia, regresando pouco tempo despois. En 1811 foi detido en Galicia e encerrado en San Antón (A Coruña). Antes do seu falecemento, legou a súa biblioteca e a súa colección de tapices ó Cabido de Santiago.