É promotor da Galería e Embaixada do Peregrino e do Banco Mundial de Huellas del Camino de Santiago, que situou en Palas de Rei (Lugo), un dos fitos máis destacados do Camiño Francés a Compostela en Galicia.
Ten posto en marcha a ‘Acreditación Ultramáis’, que é o carnet do Peregrino que acredita o seu paso por Galicia e o Camiño de Santiago, e leva implícita a consideración do portador como Embaixador do Camiño a nivel mundial.
Existe, así mesmo, a Acreditación-Pegada (huella), da que xa existen varios milleiros, obtida por peregrinos de todo o mundo, que deixan a súa pegada para a historia, no Camiño, conformando o proxecto ‘As pegadas do mundo no Camiño de Santiago’, proxectando unha concentración mundial de peregrinos, de periodicidade anual. O documento que se entrega acredita ‘Eu deixei a miña pegada para a historia de Galicia e no Camiño de Santiago’.
Ten publicado unha Guía do Camiño Francés en Galicia, e posto en marcha a web www.bandomundialdehuellas.com.
Ten en proxecto o complexo Avenostre (Huella en barro / Pegada en barro), base para un monumento emblemático –A Muralla de Romeiros- que inmortalice o paso dos peregrinos.