Carmen Sotelo Vázquez


Categoría: Actriz
Lugar de Nacemento: Vilalba (Lugo)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Fixo o bacharelato e COU no Instituto de Bacharelato “Lucía de Medrano” (Salamanca, 1983-1987) e Enxeñería Técnica en Hortofruticultura e Xardinería (Escola Politécnica Superior, Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo) (1993).
É diplomada en Arte Dramática polo Estudio de Teatro Casa Hamlet (A Coruña, xuño de 2005) e estivo completando a súa formación nos seguintes cursos e seminarios: II Congreso Galego de Expresión e Arte. Modalidade: Teatro (Lugo, 1991), “Producción de Vídeo” (Lugo 1994-1995), clases de interpretación con Matilde Blanco (A Coruña, 1998), “A técnica do actor” (A Coruña, agosto de 2003), Clases de Modelo, Relacións Públicas e Protocolo, Maquillaxe, Perruquería e Interpretación (Axencia de deseño e modelos “Catania”, e Axencia de modelos “Top Management”, 1997), “Seminario de Escrita Teatral” de CasaHamlet, impartido por Manuel Lourenzo (A Coruña, febreiro-xuño de 2003 e novembro-xuño de 2003-2004) e clases de canto (Escola de Músicos, A Coruña, 2006).

 Obras realizadas

Na televisión fixo prácticas de guión, captación de imaxe, postprodución e gravación de programa en directo, multicámara - voz en off, operadora VTR,…- dentro do curso “Producción de Vídeo” (Lugo, 1994-1995), foi modelo de pasarela e perruquería, interveu nas series “Terra de Miranda”, “Pratos Combinados”, “As leis de Celavella”, “A miña sogra e máis eu” (2004), “Máis ca irmáns” (A Coruña, 2005) e “Pepe o inglés” (2006).
Traballou como actriz nas seguintes obras de teatro: “El castigo sin venganza” (Salamanca, 1986), “Mañana de sol” (Salamanca, 1986), “Por favor, abran as cortinas” (2005), Lectura dramatizada de “Los amores de Yorinde y Yoringel o la taza floreada de la tatarabuela”, “Os mundiños” (Coruña, 2005), “Los pintores no tienen recuerdos” (A Coruña, 2005), lectura dramatizada de “Adelina toma café” (A Coruña, 2005) e “Da outra banda da ponte” (2006).
Co estudio de teatro Casahamlet fixo: “Un carácter enigmático”, de A. Chéjov (A Coruña, 2003); “A illa do doutor Moreau”, de H.G. Wells (A Coruña, 2003); “O psicanalista” (A Coruña, 2003); “Bos días, señor doutor”, de J.L. Alonso de Santos (A Coruña, 2004); Lectura dramatizada “María Castaña. Unha revolta popular” (drama histórico en verso), como “María Castaña” (A Coruña, 2004); “A lúa pon o ovo en Verona”, de Manuel Lourenzo (A Coruña, 2004); Recital poético “Paseos con Celso Emilio Ferreiro” (A Coruña, 2004); “Romeo e Xulieta”, de W. Shakespeare (Sada, A Coruña, 2005) e recital poético sobre textos de Rosalía de Castro (Miño - A Coruña, 2005).
Actuou nas seguintes películas: “El rey del río”, de M. Gutiérrez Aragón (Lugo, 1994), “Motion” (Curtametraxe, A Coruña, 2002); “Pitido Final” (Curtametraxe, A Coruña, 2003) e “Zeltia” (Curtametraxe, A Coruña, 2004).

 Outros datos de interese

Foi compoñente do coro “Manuel Mato Vizoso” (Vilalba, Lugo), 1979-1980. Fala galego, castelán, inglés e francés.
Publicou “Longa noite de agonía” na revista de teatro CasaHamlet, nº 6 (A Coruña, 2004) e “Noite” na revista de teatro Art Teatral, nº 19 (Valencia, 2004).
É socia da Asociación de actores, directores e técnicos de escena de Galicia, Academia Galega do Audiovisual, Asociación de Escritores en Lingua Galega e Asociación de Autores de Teatro de España (Asociación Colegial de Escritores de España).
Información sobre Carmen Sotelo: nos sitios web da AADTEG (www.aadteg.org ); de AVG -O Soportal do Audiovisual Galego- (www.culturagalega.org/avg) e www.galegos.info (dentro de www.galiciadixital.com).