Juan Manuel Sanmiguel Martínez


Pseudónimo:Juan Sanmiguel
Categoría: Ilustrador e escultor
Data de Nacemento: 20 de maio do 1979
Lugar de Nacemento: Santa Uxía de Ribeira (A Coruña)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Currículum

FORMACIÓN
Dende 2004. Cursa Belas Artes na Universidade de Barcelona.
2002-2004. Ciclo Superior de Artes Aplicadas na especialidade de Escultura na Escola de Artes e Oficios Pablo Picasso da Coruña.
2000-2002. Ciclo Superior de Ilustración. Escola Artes e Oficios Pablo Picasso da Coruña.
1999-2000. Escola Aberta de Arte de Ferrol.

EXPERIENCIA LABORAL
2004. Ilustrador do libro O elefante dunha soa orella de Sotelo Blanco Edicións.
2004. Escultor e deseñador de dúas pezas para o Obradoiro de Escultura Arteleira.
2003. Ilustrador/ axudante de decoración no anteproxecto do parque Terra Natura na empresa Atalanta Intercon S.L.
2002. Diversas ilustracións para as revistas “e-negociogalicia” do proxecto e-minder e “Díxitos”, ámbalas dúas realizadas no CESGA.
2002. Colaborador (entintador) no cómic Escuela de campeones para a web canaltaekwondo.com.
2001. Ilustrador de pezas arqueolóxicas atopadas no Castro de Elviña para o Museo Arqueolóxico da Coruña.
1998. Ilustrador do documental ‘A cultura do aceite (un soplo de antano)’ Produccións Trópola.

 Obras realizadas

EXPOSICIÓNS DE ILUSTRACIÓN
2004. Exposición colectiva sobre o Castelo de Santa Cruz na Escola de Artes Aplicadas Pablo Picasso.
2003. Exposición colectiva sobre o Castelo de Santa Cruz no propio castelo e exposición do Colectivo Chapapote no Salón do cómic da Coruña.
2002. Varias exposicións colectivas na Escola de Artes Aplicadas Pablo Picasso, exposición colectiva no Forum Metropolitano da Coruña e exposición colectiva en Cambre.
2001. Exposición colectiva sobre o Castro de Elviña na Escola de Artes Aplicadas Pablo Picasso.
2000. Exposición colectiva de pintura “Arte & Café” en Ferrol.

EXPOSICIÓNS DE ESCULTURA
2003 e 2004. Exposición colectiva no Forum Metropolitano da Coruña.

PUBLICACIÓNS
Participou con banda deseñada, fotografía e ilustracións en A Esmorga, Colectivo Chapapote (web e monográfico H2OIL), Gas Butano, La Voz De Galicia (sección local de Ribeira), Leña Verde, O gharabato do rato, Os Arquivos do Tuto, Somos fabricantes, Trauma e O elefante dunha soa orella (Sotelo Blanco Edicións).

 Outros datos de interese

PREMIOS
2006. Premio literario Frei Martín Sarmiento para “O elefante dunha soa orella” escrito por X.H. Rivadulla Corcón (Sotelo Blanco Edicións).
2003. 1º premio no 1º Concurso de banda deseñada O’Alfaiate coa obra “A segunda opción”.

Blog: http://juanmsanmiguel.blogspot.com