-Médico de familia no Centro de Saúde de Labañou (A Coruña).
-Fundador e director da revista médica Cadernos de Atención Primaria (1994-2005).
-Presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) de 1996 a 2005.
-Vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos da Coruña e responsable do Programa de Formación Continuada de 1998 a 2005.
-Recibiu o Premio Lois Peña Novo en 2005, polo seu compromiso na promoción e defensa da lingua de Galicia.
-Colexiado de Honra con Emblema de Prata (2007) do Colexio Oficial de Médicos da provincia da Coruña.
-Foi membro da Comisión Sectorial de Sanidade que elaborou o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, promovido pola Dirección Xeral de Política Lingüística, e que foi aprobado por unanimidade no Parlamento Galego.
-Ex-director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas (2005-06).
-Colaborador habitual en prensa.
-Actualmente colabora con Galicia Hoxe, Radio Coruña-Ser e www.galiciadigital.com
Autor de tres libros de narrativa:
-O fillo do emigrante (2002).
-O mes de abril (2004).
-Luz Divina e outros retratos (2006).