Vicente Rodríguez Abeijón


Categoría: Escritor e músico
Data de Nacemento: 16 de xaneiro de 1935
Lugar de Nacemento: Padrón - A Coruña
 Currículum

Moi axiña pasa a residir a Vilagarcía de Arousa onde se traslada a súa familia. Primeiros estudios no colexio público do barrio. Inicia estudios musicais na Academia Municipal de Música de Vilagarcía de Arousa. Despois de varios anos de internado en dous colexios de P.P. Xesuítas (Camposancos, A Garda e Carrión dos Condes, Palencia) ingresa no Seminario de Tui onde fai Filosofía Escolástica e Teoloxía. Exerce a clerecía máis dunha ducia de anos en Vigo. Amplía estudios de Francés, Inglés e Música. Remata solfexo no Conservatorio de Vigo e inicia canto, harmonía e guitarra clásica. Trasládase ás Illas Británicas a comezos dos 70. Exerce de mestre nun colexio de Yorkshire. Obtén os títulos en Lingua Inglesa: Proficiency Cambridge, Royal Society of Arts (Stage III) e Escola de Idiomas (Madrid). De volta a España dedicase ó ensino de idiomas e a actividades Corais. Asiste a Cursos de Dirección Coral, Técnica Vocal e Interpretación. En outubro do 1979 funda a Xunta Xestora que sería o xermolo da Federación Coral Galega (FECOGA). A Federación é legalizada a 28 de abril de 1983. Organiza Festivais Corais, Cursiños de Canto, pon en marcha un Arquivo Coral, promove Concursos de Composición Coral Galega, funda a Revista "Galicia Cantat", da que é director e coordinador. Publica xunto con J. Alves Barbosa o "Cancioneiro Coral Galego" (Ir Indo Edición 1995)

 Obras realizadas

Publicacións: -Cantos para compartir (Ed. Ir Indo). Narracións curtas inéditas: Cantar, rir, chorar, W. Tres en raia, O tren do Canaval e a novela longa en castelán Vivir, soñar acaso.