Ofelia fixo estudios primarios na casa porque o seu pai non quixo que fose a ningún colexio. Ó igual cás súas irmás, Ofelia trasládase a Madrid para perfecciona-la súa voz no Conservatorio. Ó casar en Burgos con Felipe Cubas, anuncia a súa retirada do mundo lírico.
En 1914 debuta en Madrid no Teatro da Zarzuela con Maruxa. En 1919 consolida a súa fama e interpreta en La Pérgola de Florencia Aida e Manon. En 1920 interpreta o papel de Desdémona en Otelo no Teatro Real de Madrid. Este mesmo ano participa en Bilbao na estrea de Amaya de Guridi e viaxa por Sudamérica, actuando no Teatro Principal de Río de Janeiro. En 1921 pasa o Nadal en Madrid coa súa familia e interpreta Aida e Tosca. Posteriormente viaxa outra vez a América e recibe unha homenaxe no Centro Galego de Bos Aires.Ademais gravou algún disco e algunhas cancións galegas como Un adiós a Mariquiña e Unha noite na eira do trigo.