É licenciado en Filosofía e Letras, catedrático de instituto e profesor. En 1978 contacta co sindicalismo e ingresa na "Unión de Traballadores do Ensino de Galicia", da que foi secretario nacional durante cinco anos. É destacado militante do BNG desde a súa fundación e mantense como deputado despois de acceder ó parlamento autonómico na terceira lexislatura. Como deputado formou parte das comisións de Educación e Cultura e de Pesca e Marisqueo. Ademais, desempeña tarefas políticas no concello da Coruña onde actúa como portavoz municipal do BNG.
Tello León presentou a súa renuncia o 29/01/02 para seguir ocupándose da portavocía do BNG no concello da Coruña, sendo substituído por Tereixa Novo Arrojo.