Realizou os seus estudos musicais no Real Conservatorio de Música de Madrid con profesores como García Matos, Calés Otero, Sopeña, Bravo, Cristóbal Halfter e Julio Gómez Parra. En 1963 ingresou por oposición no Corpo Nacional de Directores de Bandas de Música Civís (2º categoría) e en 1980 realizou a oposición de ascenso a 1ª categoría.
Tras dirixir a Banda de Pedro Muñoz en Cidade Real e o Coro Rosalía de Castro do Centro Galego de Madrid, emigrou a Suíza, onde viviu case quince anos e dirixiu a Harmonía Santa Cecilia de Orbe, as Unións Instrumentais de Moudon, Payerne e Leyeron e a Harmonía Municipal de Monthey.
Deu cursos de perfeccionamento de música no Canton de Vaud e foi profesor no Conservatorio de Fribour e nas escolas de música de Payerne, Moudon e Monthey. Ademais, dirixiu concertos en Tubinga, Munich e Stuttgart (Alemaña); Château-Thierry, Nîmes, Baune e Dijon (Francia) e en Alstatten, Füerthalen, Basilea e Bellinzona (Suiza).
Ó regresar a España, en 1979, dirixiu a Banda Municipal de Lugo e creou unha Academia de Educandos, da que saíron grandes profesores.
En 1991 foi nomeado director titular da Banda Municipal de Música da Coruña, cargo que desempeñou ata a súa xubilación.
É autor do Himno da Ville de Payerne e de numerosas obras para banda, a maioría gravadas pola RTV da Suisse Romande, a Banda Municipal de Lugo e a Municipal da Coruña.
Está en posesión de varios premios de interpretación coas Bandas de Música de Payerne e Moudon. En 1979, foi galardoado en Dijon co Coller de Bronce na Fête de la Vigne e gañou o 2º Premio Federal de Composición da Federación Suiza de Bandas (1976).
Foi invitado a miúdo a dirixir as Bandas Municipais de Madrid, Alacante e Albacete e a participar como membro do xurado no Certame de Bandas de Música de Valencia, da Deputación de Pontevedra e de Campo de Criptana.
Premio 2008 da Orde de San Miguel de Ponteareas, pola súa traxectoria como director tanto en Suiza como en España.