Recibiu as súas primeiras leccións de música do seu pai Emilio e con dezasete anos entro una Banda Isabel La Católica de A Coruña. En 1948 entra por oposición na Banda do Xefe do Estado, pasando a residir en Madrid. En 1954, comeza a carreira de trombón e composición no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid, rematando ambas en 1962. Entre os seus profesores destacan nomes coma os de Jesús Arámbarri e Manuel García Matos. Foi membro do Corpo de Directores e da SGAE. Durante trinta anos colaborou coas orquestras sinfónicas que había en Madrid, incluídas a Orquestra Nacional e a de RTVE. Participou en varios programas de TVE. Tocou así mesmo no Teatro Calderón, acompañando a grandes artistas do momento como Manolo Escobar, Lola Flores, Sara Montiel, Antonio Molina, etc. En 1980 comeza a súa carreira como director, sendo o seu primeiro destino a Banda Municipal de Cuenca. Entre 1981 e 1983 é destinado a Santo Domingo de la Calzada. A súa derradeira praza será na Banda Municipal de Palencia. Foi invitado en varias ocasións por García Asensio a dirixir a Banda Municipal de Madrid.
Como compositor, Aníbal estivo moi influenciado pola tradición musical galega, así naceron obras como “Alborada Galega” (Alborada), “Romería en Galicia” (Pasodobre galego estreado polo Mestre Rodrigo de Santiago coa Banda Municipal de Madrid), “A carón d’o Miño” (Suite), “Cantas do Pobo” (Fantasía galega) ou “O Carpaceiro” (pasodobre composto xunto co seu irmán Virgilio). Salientable é a canción “A Saudade”, con texto de Noriega Varela. Outras composicións súas son “Vuelo de Graja” (PD), “Saludo a Palecia” (PD), “Portomarín” (Marcha), “El Botines” (PD), etc. As súas obras son interpretadas por toda España e algunhas foron gravadas por diversas bandas como a Municipal de Ourense, a de Palencia ou a da Garda Real.