Leva practicamente toda a súa vida en Lugo, onde se formou como deseñadora gráfica, decantándose pola ilustración. No campo do deseño gráfico, traballa fundamentalmente o cartelismo, tras ter gañado algún certame. Paralelamente comezou a facer ilustracións para outros soportes como xornais e revistas, e pouco despois, a ilustrar libros de literatura infantil e xuvenil, así como libros de texto, libros de natureza, cubertas de libros, catálogos, soportes multimedia, deseño de escenografía, etc. Como ilustradora ten participado en diversas charlas e sesións-obradoiros de fomento para a lectura, e exposicións colectivas sobre ilustración. Traballou como debuxante de animación despois dun período de formación en Limaía Produccións. Actualmente continúa a traballar neste campo.
Bibliografía (literatura infantil e xuvenil): -’Podes Vir’ (Fina Casalderrey, Sotelo Blanco). -’As Porcas Porquiñas’ (X. Antonio Neira Cruz. Biblioteca NOVA 33, Caixa Galicia). -’Xograr cangas e asociados’ (X. Antonio Neira Cruz. GÁLIX, Xunta de Galicia). -’María está a pinta-lo mar’ (X. Antonio Neira Cruz, Xunta de Galicia). -’Olo - Iepu - Iepu’ (Paula Carballeira. Galaxia). -’Os Catro Amigos’ (Adaptación Xoán Couto. Kalandraka. Reeditado para Corea) -’Adiviñas para xogar’ (Sabela Álvarez Núñez. Ir Indo). -’María está a pinta-lo mar’ 2ª versión (X. Antonio Neira Cruz. Everest Galicia). -’Os ladróns de Tixolas’ (Xosé A. Perozo. Ir Indo). -’As Porcas Porquiñas’ 2ª versión (X.A. Neira Cruz. Everest Galicia). -’Érase una vez... Lugo, Pécs, Tanum, Verona’ (varias autoras. Editado polos concellos de Lugo, Pécs, Tanum e Verona para o ‘European World Heritage Project’). -’A Alfombra Falsa’ (Xavier López Rodríguez, editado por Everest Galicia). -’A raposa no galiñeiro’ (Antonio Reigosa. Museo Provincial de Lugo). -’Endrina e o segredo do Peregrino’ nova versión (Concha López Narváez, Galaxia) -’A Viaxe a Compostela de Renato Ratoni’ (X. Antonio Neira Cruz, Exposición ‘A Viaxe a Compostela de Cosme III de Medici’, Xacobeo 2004).
PREMIOS: -Cartel San Froilán 94. -Cartel San Froilán 98. -Cartel Entroido 2000, Lugo. -Premio Extraordinario 1996, Escola de Artes Ramón Falcón, Lugo.