Gabriela Fole Nieto


Pseudónimo:Gabriela Fole
Categoría: Pintora, profesora, funcionaria e procuradora dos tribunais
Data de Nacemento: 23 de xaneiro de 1934
Lugar de Nacemento: Lugo

   Cultura
 Currículum

Tras estudar o Bacharelato en Lugo, licenciouse en Dereito e graduouse en Maxisterio (galego). Foi profesora-axudante da Cátedra de Dereito Civil e Mercantil na Escola de Altos Estudos Mercantís da Coruña, profesora de Educación Xeral Básica, directora escolar e funcionaria no Gabinete de Normalización Lingüística da Delegación da Consellería de Educación de Lugo (solicita a xubilación voluntaria). Ademais, exerce como procuradora dos tribunais do partido xudicial de Lugo. Desde a súa mocidade é pintora autodidacta. En 1996, incorpórase ó taller de ‘Artes Plásticas Luz Darriba’, con quen fai unha exposición colectiva.

 Obras realizadas

PUBLICACIÓNS:
"Lágrimas dunha avoa" (verso) e "Desiderio Fole, unha familia represaliada" (ensaio).

EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS
1999. Sala Pousadoiro (Lugo).
2004. Sala de té Fontevella en Viveiro (Lugo) e participa na Exposición Internacional de Arte Naïf en Madrid.
2005. Casa Mañas en Mondoñedo (Lugo).
2006. Sala de Arte Sargadelos (Lugo) e participa na II Feira de Arte Contemporánea en Marbella (Málaga) e na VI Feira de Arte Contemporánea en Lisboa.
2007. Sala Catalonia (Barcelona), Feira de Arte de Almería e Casa da Cultura de Santiago de Reinante (Lugo).

EXPOSICIÓNS COLECTIVAS
1996. Exposición co grupo do Obradoiro ‘Artes Plásticas Luz Darriba’.
1999. Exposición na Casa da Xuventude (Santiago de Compostela) e Edificio Multiusos da Xunta de Galicia (Lugo).
2004. Casa da Cultura de Santiago de Reinante (Lugo).
2005. Casa da Cultura de Santiago de Reinante (Lugo).
2006. VI Exposición Colectiva de Outono Artistas Plásticos Lucenses na Sala Almirante en Lugo.
2007. Casa da Cultura de Santiago de Reinante (Lugo) e Colectiva Itinerante Adena.

 Outros datos de interese

Hai editada unha monografía da súa pintura en Edicións Anuart, dentro da Colección "Mestres da Pintura e Escultura Galega".

A súa obra figura na Universidade de Santiago, no Museo de Arte Naïf e en coleccións particulares.

Donou á Universidade de Santiago dúas das súas pinturas: "Volare" e "El terrorismo, plaga de este estilo".