Licenciado en Xornalismo pola Universidade Pontificia de Salamanca (1996).
Cursou estudos de Filoloxía Inglesa na Universidade de Salamanca.
Entre 1996 e 1997 traballou como redactor e locutor en Radio Voz Lugo. Desde 1997 é redactor de La Voz de Galicia.
Dende o ano 2002 presenta en Radio Voz, con Manuel Rodríguez, o espazo cultural “Biblioteca Galega”.
Tamén é colaborador do programa da TVG “Libro aberto”.
Como escritor publicou os volumes de relatos “Tute para catro” (Xerais, 2000) e “A-Z” (Xerais, 2003, versión ampliada en castelán, Tropismos, 2006) e a novela “Solimán” (Xerais, 2004), pola que obtivo o premio Rubia Barcia-Liceo de Ferrol 2003.
En 2014 gañou o premio Frei Martín Sarmiento por "O elefante branco".
Tamén é autor das traducións ó galego de “Arthur e George”, de Julian Barnes, (Rinoceronte, 2006) e de “Lolita”, de Vladimir Nabokov (Factoría K), de próxima publicación.