Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa e diplomado en Historia. En 1996 funda a libraría “A Palavra Perduda” en Santiago de Compostela e desde 2001 ata 2009 exerce de profesor de portugués na Escola de Idiomas de Ourense. Membro desde 2008 da AGLP (Academia Galega da Lingua Portuguesa). Desde 2009 é presidente da “Associaçom Galega de Lingua, AGAL”.
En 2001 edita en Laiovento, “O Galego (im)possível”.
Desde 2005-9 redactor xefe de Planeta NH, Web de cuestionarios temáticos para o afondamento das linguas e as culturas lusófonas. www.agal-gz.org/planeta
Desde 2006 ten unha columna chamada “Lingua Nacional” no periódico “Novas da Galiza”.
En 2008, no seo do equipo Galabra, elabora un curso de portugués on-line, www.portuguesparanos.com
En 2009 edita “Do Ñ para o NH, Manual de língua para transitar do galego-castelhano para o galego-português”.
Ten coordenado varias xornadas sobre lingua no CS A Esmorga de Ourense ou na AGAL, e participado na corrección estilística e lingüística de varios libros.