José Luis Nogueira Rodríguez


Categoría: Xoieiro
Data de Nacemento: 4 de setembro de 1925
Lugar de Nacemento: Santiago de Compostela (A Coruña)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Currículum

En 1935 ingresou no Instituto de Ensino Medio da Coruña para cursar o Bacharelato. Estudiou Ciencias Químicas, sendo premio extraordinario da licenciatura en 1949. En outubro dese ano desempeña o cargo de profesor auxiliar da Cátedra de Química Inorgánica da Universidade de Santiago de Compostela, da que en anos sucesivos e ata 1955 desempeña o cargo de profesor adxunto da mencionada cátedra. Desde 1949 a 1955 comparte en sociedade un laboratorio de análise mineral. En 1955 fixa a súa residencia en Vilagarcía de Arousa, facéndose cargo da dirección da empresa de xoiería "Industrias San José", que se dedicaba á fabricación de medallería relixiosa. A partir dos anos 70 vanse incorporando liñas novas: regalo de empresa, artesanía galega, xoiería e pratería do mar, acuñacións de todo tipo, distintivos corporativos, esmaltes, etc. Actualmente fan máis de mil artigos diferentes e móvense máis de 5000 cuños e matrices. En 1987 crea unha nova técnica de gravado inédita e sorprendente que el mesmo bautiza como "Microgravados sobre prancha de prata".

 Obras realizadas

Ten realizado cerca dun centenar de obras, das que máis de corenta forman parte da serie "Camiño de Santiago", unha ducia pertence como as anteriores á súa colección privada e o resto está fóra por encargos, obsequios ou intercambios con outros profesionais da pintura, o debuxo, etc. A súa obra presentouse nunha serie de exposicións, destacando: "Iberjoya", Madrid, (1991-1994); Salón de Arte da Toxa, O Grove-Pontevedra, (1987-1996); Salón da Xoiería Galega, A Coruña (1989-2001). Subvencionado pola Xunta de Galicia, presentou a súa obra en Santiago, Vilagarcía e Burgos (ano 2000) e en Lugo, Pontevedra e León (ano 2001). No ano 2002 presentarase a colección en colaboración cos "Amigos do Camino Portugués" en cidades do país veciño, como Porto, Ponte de Lima e Barcelos, ademais de Tui ou Pontevedra, tendo intención de presentala en Madrid na "Casa de Galicia".

 Outros datos de interese

Entre os cargos que ocupou, podemos destacar: Concelleiro e alcalde de Vilagarcía de Arousa en distintas ocasións, vicepresidente e presidente da delegación local do Padroado "Rosalía de Castro", deputado provincial, conselleiro xeral da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, deputado-delagado da Presidencia da Universidade Nacional de Educación a Distancia, Vicepresidente 1º da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, vicepresidente da Deputación de Pontevedra, conselleiro secretario xeral do Goberno Galego presidido por José Quiroga, presidente do Comité Executivo e coordenador das edicións de FEXDEGA, presidente da Federación de Empresarios da Comarca de Arousa, membro do pleno da Cámara de Comercio, membro do Consello da Autoridade Portuaria, etc. É tamén presidente da Plataforma Galega contra o Narcotráfico, que no 2002 foi transformada en Fundación Galega contra o Narcotráfico dentro do Marco das Fundacións de Interese Galego. Está casado e é pai de dous fillos e unha filla. Ten catro netas e un neto.