Modesto Luis Gómez Rodríguez


Data de Nacemento: 24 de xuño de 1974
Lugar de Nacemento: Santiago de Compostela
 Currículum

Estudou Economía na Universidade de Santiago de Compostela. En 2002 traballou no departamento de Mercadotecnia de Santa Lucía e un ano despois, foi nomeado director do Centro de Recursos Sociais do Instituto de Desenvolvemento Comunitario de Cee. En 2004 volveu a Compostela como director de servizos de Nortempo, sendo nomeado a finais dese ano responsable técnico de proxectos de Grupo Clave Consultores. En 2005 traballou para Isonor Quality na organización do “X Premio Joven Empresario del Año” da AJE de Pontevedra; tamén nese ano foi nomeado coordinador para a Consellería de Emigración da Xunta de Galicia (xefe de fila) do programa europeo CIDADE +, dentro do marco da iniciativa comunitaria INTERREG IIIA. En 2006 fundou e dirixiu Urroba Galicia S.L., consultora de comunicación spin-off da USC. En 2007 fundou e dirixiu Enxeño Galicia S.L., consultora de comunicación integral. En 2008 traballou como free-lance para a Fundación INCYDE de Cámaras de Comercio de España en calidade de consultor de marketing. Actualmente preside Enxeño Galicia S.L.

 Obras realizadas

É autor de varias publicacións e artigos. Entre elas destacan "Socioeconomía de la inmunodepresión", "Un día en Eurolandia", "De la inteligencia a la estupidez, entre pérdidas y ganancias", "Sinte Galicia" e "32 Grados. Objetivo: Emprender".

 Outros datos de interese

En varias ocasións foi relator invitado nas Facultades de Economía e nas cámaras de comercio.