Xulio Ríos


Categoría: Escritor
Data de Nacemento: En 1958
Lugar de Nacemento: Moaña (Pontevedra)

Opinión
 Currículum

Graduado Social e Licenciado en Dereito pola USC, Xulio Ríos é director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional desde a súa fundación en 1991, así como director da Fundación Plácido Castro e do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

 Obras realizadas

Xulio Ríos é o autor dos seguintes libros: A conversión de Polonia (Edicións do Cumio, 1991), ¿Que foi daquel soño? (Edicións Xerais, 1992), Galicia e a Sociedade das Nacións (Editorial Galaxia, 1992), Biografía de Plácido Castro (Ir Indo, 1997), China, a próxima superpotencia (Laiovento, 1997), Hong Kong, camiño de volta (Laiovento, 1997), A China por dentro (Xerais, 1998), China (Icaria, 1998), Sempre no Mundo (Igadi, 2001), Plácido Castro, compilación xornalística (Edicións do Castro, 2002), Lois Tobío (Galegos na Historia, Ir Indo, 2003, no prelo). Ademais, é o compilador e introductor de Nacións Unidas. Textos fundamentais (Edicións Xerais, 1995) e Os dereitos da humanidade (Edicións Xerais, 1998). Xulio Ríos tamén é coautor de: Pensar a democracia (Editorial Inquérito, Lisboa 1994), Os conflictos dos Balcáns (Ir Indo Edicións, 1995), Rusia: das orixes á quebra dun modelo (Ir Indo Edicións, 1996), Cuba, independencia e revolución (Edicións do Cumio, 1998), A acción exterior das CCAA españolas en América Latina: o caso de Galicia (Aieti, 2002), Plácido Castro, no Centenario (Igadi, 2002).

 Outros datos de interese

É colaborador dos Anuarios do Centro de Investigación para a Paz (Madrid) desde 1993.
Colabora habitualmente nos medios de comunicación, principalmente nos xornais El Mundo, La Vanguardia e Diario El Correo, así como no semanario A Nosa Terra. Tamén colaborou en Diario de Galicia, Faro de Vigo, Atlántico Diario, La Voz de Galicia, El Correo Gallego, O Correo Galego ou El Independiente. Tamén en Radio e Televisión de Galicia, Intereconomía, Radio Nacional de España, Radio Amsterdam, Radio France Internacional e a BBC.
Participa en revistas e publicacións como INETemas; Papeles de cuestiones internacionales; Cuadernos del Este; Grial; Noticias Obreras; Gran Vía; Cooperativismo e Economia Social; Análise empresarial; Galicia Internacional; Outras voces; Ar!; Revista de Estudios Asiáticos; Política Exterior; Economía Exterior; El Viejo Topo; Tempos Novos; ECO; Revista d‚afers internationals-CIDOB, etc...
Dirixe “Tempo Exterior”, revista galega de análise e estudios internacionais.
É membro dos Consellos Asesores de Casa Asia e da Fundación Carlos Casares.
É membro correspondente da Real Academia Galega e da comisión de cultura galega no exterior do Consello da Cultura Galega.