Licenciado en Dereito (Santiago 1958-63) e doutor en Filoloxía Clásica con Premio Extraordinario pola Universidade Complutense en 1971, é catedrático de Lingua e Literatura Grega na Universidade de Santiago, na que exerce docencia desde 1971. Foi Profesor de Lingua e Literatura grega e latina nas Universidades Complutense, de Navarra e de La Laguna. Entre 1969 e 1971 colaborou no ‘Diccionario Griego-Español’ do seu mestre, o Profesor Dr. Rodríguez Adrados. Ademais, ten colaborado en cursos, relatorios e conferencias en numerosas universidades, institucións e congresos de ámbito nacional e internacional.
De entre un gran número de traballos sobre cuestións de Filoloxía e Lingüística Indoeuropea, Clásica e Galega en revistas e congresos nacionais e internacionais interesa destacar: 'El bilingüismo y sus problemas' (UNED, Pontevedra 1980); 'A lingua galega hoxe' e 'A lingua galega e os seus problemas' (Vigo, editorial Galaxia, 1976 e 1982; 'As paráfrasis do Grego en Cabanillas' (Homenaxe a Cabanillas no centenario do seu nacemento, Universidade de Santiago, 1977); 'Ambiente e principios ideolóxicos no teatro de Aristófanes' (Cadernos da Escola Dramática Galega 36, 1983); 'Alofonía na creación poética en lingua grega antiga' (Poetas alófonos en Lingua Galega, Galaxia, Vigo 1994); 'Variantes textuais nun poema de Cómaros verdes, de Aquilino Iglesia Alvariño' (Boletín Galego de Literatura 7, 1992); 'Escultura y lengua griega. Repaso a los términos ANDRIÁS, ÁGALMA, BRÉTAS, XÓANON, KOLOSSÓS, EIKÓN, ÉIDOLON' (Abrente 27, 1995-96); 'Mundo clásico' en O fin dun canto de X.L. Méndez Ferrín e 'Una cántiga inédita de Camilo Flores' (Homenaxe ó Profesor Camilo Flores, Universidade de Santiago de Compostela, 1999); 'Mundo clásico en Curros' (Cinguidos por unha arela común. Homenaxe ó Profesor Xesús Alonso Montero, Universidade de Santiago de Compostela, 1999); 'Lenguas paleohispánicas' (Os Celtas da Europa Atlántica. Actas do Iº Congreso Galego sobre a Cultura Celta, Ferrol 1999);'De Griegos en Galicia' (EPIEIKEIA. Studia Graeca im memoriam Jesús Lens Tuero, Athos - Pérgamos, Granada 2000); 'Prosapia y trapisonda de Iria Flavia' (El Extramundi y los Papeles de Iria Flavia XXI, 2000); 'Hidronimia galaica prerromana' (Religión, Lengua y Cultura Prerromanas de Hispania, Universidade de Salamanca, 2001); 'El epíteto teonímico ANABARAECO' (Boletín Auriense 32, 2002); 'Mandeo, Mendo, Miodelo' (Anuario Brigantino 25, 2002); 'Gallaecia y sus etimologías' (Sub luce florentis calami. Homenaxe a Manuel C. Díaz e Díaz, Universidade de Santiago, 2002); 'BORMANICO, CIL II 2402 e 2403' (Actas do XX Congreso Internacional de Ciencias Onomásticas, Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña 2002); 'Cambre, Pambre e outros topónimos en –bre' (Revista Galega de Filoloxía 4, 2003); 'Conimbriga y otros topónimos en –briga' (Lógos Hellenikós. Homenaxe ó Profesor Gaspar Morocho Gayo, Universidade de León 2003); 'Topónimos y leyes en Galicia' (El Extramundi y los papeles de Iria Flavia XXXIV, 2003); Discurso na investidura como Doutor ‘Honoris Causa’ do Profesor Dr. Jürgen Untermann (Universidade de Santiago 2003); 'Labiovelares en material galaico y lusitano' (Verba 30, 2003); 'Empadronando a Padrón' (El Extramundi y los papeles de Iria Flavia XXXVII, 2004); 'El río Miño y sus etimologías' (Patrimonio Artístico de Galicia y otros estudios. Homenaxe ó Prof. Dr. Serafín Moralejo Álvarez, Xunta de Galicia, Santiago 2004); 'Tradición clásica en Galicia' (Actas del XI Congreso de Estudios Clásicos, Madrid 2004); 'Documentación prelatina en Gallaecia' (Simposio Lingua e Territorio, Santiago 2005). Ten reeditado, con revisión do texto e corrección e aumento das notas, o Liber Sancti Iacobi, ‘Codex Calixtinus’, tradución española de A. Moralejo e colaboradores, (Xunta de Galicia, Santiago, 2004). Ten traducido da lingua grega á galega: 'Arquíloco, escolma de fragmentos' (Grial 49, 1975), 'Píndaro. Pítica VIII' (Serta Gratulatoria in honorem J. Régulo, Universidade de La Laguna, 1985) e Aristóteles. Política. (Universidade de Santiago - Fundación BBVA, Santiago, 2003).
Ten sido colaborador de El Correo Gallego desde 1967 a 1971 e tamén colabora en La Voz de Galicia desde 1972, co Premio Fernández Latorre de 1997. Para a súa filla Helena debuxou e manuscribiu o Bestiario Helénico (Biblioteca Galega, A Coruña, 1991). Da súa afección á pesca fluvial naceu a 'Guía para pilla-las troitas, miñas señoras'(Edicións Xerais, Vigo, 1981; 2ªed. aumentada, Galaxia, Vigo 2005, As troitas, miñas señoras).
Ten sido membro do Coro Universitario de Santiago e tamén do Collegium Compostellanum, creado e dirixido por M. Zumalave.