Xoán Manuel Pintos Villar


Categoría: Escritor
Data de Nacemento: 16 de decembro de 1811 (†29 de xuño de 1976)
Lugar de Nacemento: Pontevedra
 Currículum

En 1825 iniciou estudios de Filosofía en Santiago. Entre 1829 e 1835 estudiou Dereito. Traballou como avogado na Coruña ata 1940, data en que se trasladou á súa cidade natal. En 1841 casou con Serafina Amado, coa que tivo catorce fillos. Entre 1844 e 1862 traballou como avogado en Pontevedra, onde desenvolveu unha gran actividade literaria e xornalística.

 Obras realizadas

Nos seus escritos amosou unha gran preocupación polo estudio e recuperación do idioma galego. A súa extensa actividade poética comeza en 1844 co romance A entrada do Sr Arsibispo cando vinha do seu desterro de Maón. En 1846 publicou o poema Contos da aldea no xornal El Circulador. En 1853 publicou A Gaita Gallega tocada polo Gaiteiro, ou sea Carta de Cristus para ir deprendendo a ler, escribir e falar ben a lengua gallega, e aínda máis. Ademais de estar escrito en galego, ten páxinas en latín e español. Está dividida en sete partes. Ademais destas composicións, escribiu vintedous poemas máis que foron publicados en distintos xornais como El País, El Heraldo Gallego, La Caridad, El Desengaño, etc. Escribiu ademais un Breve Diccionario Galego cunhas 6.000 entradas.

 Outros datos de interese

A Real Academia Galega dedicoulle o Día das Letras Galegas en 1975.