José García-Gesto Cedrón


Data de Nacemento: 4 de abril de 1918 (†1 de xullo de 2010)
Lugar de Nacemento: Lugo
 Currículum

Xa de neno experimenta unha gran adicción á música por influencia do seu pai. Ós 4 ou 5 anos empeza a tocar a guitarra, para iso tivo como profesor a Bautista Varela, integrante de agrupacións de pulso e púa que daquela existían na cidade. Posteriormente recibe leccións de música, primeiro solfexo, por parte do mestre Courtier, no colexio dos Irmáns Maristas. Ó redor dos anos 1925-1926 forma parte, como solista, das roldas de pulso e púa “Los Eternos Pierrots”. En compañía do seu pai, asistía a algúns concertos que realizou o eminente músico Andrés Segovia, en Santiago de Compostela, o que lle produciu un gran desánimo, porque, ó compararse con el, vía imposible chegar a tocar así a guitarra.

 Obras realizadas

En 1970, foi designado coordinador para a organización da Primeira Semana de Música do Corpus Lucense, xunto co que era, nese momento, Presidente da Deputación Provincial de Lugo, así como co alcalde e o presidente do Círculo das Artes. E desde ese ano, en colaboración coa Comisaría Xeral da Música do Ministerio de Cultura, foi o responsable dos concertos con motivo da celebración do Corpus que se celebraron nesta cidade, baixo o patrocinio da Dirección Xeral de Música da Deputación e do Concello de Lugo, sempre coa colaboración da sociedade Círculo das Artes.

 Outros datos de interese

Formou parte da directiva da Sociedade Filharmónica de Lugo, sendo o socio número 5 e secretario da mesma, ó longo de corenta anos. Durante estes anos actuaron, no seo desta sociedade, figuras destacadas da arte musical, da categoría de Teresa Berganza, Montserrat Caballé, Nicolás Zabaleta e José Iturbe.