Miguel Vila Pernas


Categoría: Xornalista
Data de Nacemento: En 1958
Lugar de Nacemento: Habana
 Currículum

Ser fillo de emigrantes galegos en Cuba, e marchar a Galicia con escasos tres anos, permítelle sentirse orgulloso da súa galeguidade e da súa ‘cubanía’.

 Obras realizadas

Ten no mundo da cociña unha das súas paixóns fundamentais, buscando ampliar coñecementos tanto na historia dos usos e costumes culinarios galegos como no doutras culturas culinarias. É autor de A cociña do Merlín (2005), Dicionario Galego de Gastronomía (1999) e Caldeirada para dous (mortos) (2003). Con este último libro gañou o Premio Nacional de Periodismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro 2004, como mellor libro de gastronomía galega. Asemade, é autor de A Cociña do Pescador, capítulo incluído no libro Pesca submarina en Galicia, do que é autor principal Juan Carlos Rodríguez (1997). Tamén publicou Olería Tradicional en Galicia (1998) e O Crime de Santa Cruz do Valadouro (2004). Publica colaboracións culinarias no diario El Progreso e colaborou na mesma materia na Radio Galega e Televisión de Galicia. Tamén publica a Axenda Culinaria Colineta en Internet (www.colineta.blogia.com).

 Outros datos de interese

Foi distinguido co premio Alimentos de España 2005, outorgado polo Ministerio de Agricultura e Pesca, ó mellor labor informativo continuado dende o punto de vista da gastronomía.