Fernando Rey


Categoría: Actor
Data de Nacemento: 20 de setembro de 1917 (†1994)
Lugar de Nacemento: A Coruña
 Currículum

O seu nome real é Fernando Casado Arambillet. Cando Azaña foi nomeado presidente da República, nomeoou ó seu pai axudante militar. Fernando Rey estaba estudiando Ciencias Exactas en Madrid cando tivo lugar o alzamento de xullo de 1936. Casou coa actriz arxentina Mabel Karr.

 Obras realizadas

Os seus primeiros éxitos tiveron lugar en 1945 con Los últimos de Filipinas, dirixida por Antonio Román e Locura de amor en 1946, dirixida por Juan de Orduña. A partir de aquí sucédense outras películas como Agustina de Aragón (1950), La señora Fátima (1951), Cielo negro (1951), Cómicos (1954), La venganza (1957), Sonatas (1959). Na década dos 60 a súa carreira recibe un impulso. En 1961 intervén en Viridiana de Buñuel ademais doutras películas como El precio de la muerte (1963) de Carol Reed, A escape libre (1964) de Alberto Lattuada, Campanadas a media noche (1966) de Orson Wells, Una historia inmortal (1966) de Jean Becker e Blanco y rojo y... de Mauro Bolognini. Fernando Rey traballou con Buñuel noutras ocasións en películas como Tristana (1970), El discreto encanto de la Burguesía (1972) e Ese oscuro objeto del deseo (1977). Nos anos 70 consolida a súa fama de actor internacional con películas como French connection I e II (1971 e 1975), Nina (1976), Excelentísimos cadáveres (1976), Quintento (1978), El gran atasco (1978). Interviu en películas españolas como Elisa, vida mía (1977), El crimen de Cuenca (1979), Bearn (1983), Padre nuestro (1985), Mi general (1987), Pasodoble (1988), El aire de un crimen (1988), Diario de invierno (1988), Madregilda (1993), Al otro lado del túnel (1993), El bosque animado e nas series televisivas Don Quijote e Los Pazos de Ulloa.

 Outros datos de interese

Fernando Rey recibiu numerosos premios e distincións como o do Festival de San Sebastián en 1972, en Cannes por Elisa, vida mía en 1977, medalla de ouro das Belas Artes en 1981, premio homenaxe no Festival de Cannes en 1983, no Festival de San Sebastián en 1988, medalla de ouro da Academia das Artes e as Ciencias en 1991..