ÁREAS DE RESPONSABILIDADE
-Tenencia de Alcaldía
-Industria e Comercio
-Turismo
-Cascos Históricos
TAREFAS
- Tenente de Alcalde
- Presidente do Comité Executivo do Ifevi
- Membro do Consello de Administración do Consorcio do Casco Vello
- Membro da Mancomunidade de Vigo
- Membro do Comité Executivo de Zona Franca
- Membro do Pleno da Zona Franca
Foi director xeral para o Deporte da Xunta de Galiza entre xullo de 2005 e maio de 2007.
Entrou como concelleiro no Concello de Vigo no ano 1995 ata xullo de 2005. No período 1999-2003 foi responsábel das concellerías de Deportes, Xuventude, Sanidade e Consumo. Dende xullo a outubro de 2003 foi concelleiro de Cultura. Na súa última etapa na corporación, antes de formar parte do Goberno galego, foi o voceiro do grupo municipal do BNG.
A súa traxectoria profesional estivo vinculada sempre ao ensino e á formación. Diplomado en Ensino, traballou como profesor de galego, inglés e lingua española no colexio San José de Teis, onde coordinaba o equipo de Normalización Lingüística e fundou o Clube de Baloncesto San José. Posúe o título de adestrador nacional de baloncesto.
Santiago Domínguez Olveira é membro do Consello Nacional do BNG. Está vinculado ao nacionalismo dende mozo. En 1979 ingresou en ERGA e mais tarde foi presidente do Movemento de Estudantes Cristianos Galego en Vigo. Tamén formou parte do Movemento de Irimia co Pai Seixas.
Afiliado ao Bloque Nacionalista Galego no ano 1990, forma parte do Consello Local do BNG e tamén é membro da Executiva Local.