Manuel Montero Rego


Pseudónimo:Mago Merlín de Cunqueiro
Categoría: Libreiro
 Currículum

A orixinalidade de Manolo Montero radica na súa particular personalidade e na súa estrana vestimenta. O seu amor por Mondoñedo e a súa imaxinación fan do seu negocio, dedicado fundamentalmente á librería, un "museo" parmanente encargado de difundi-la cultura mindoniense. O poeta Manuel María dedicoulle este cariñoso soneto: "¿Quen fun ermo fai xardín,/ un océano dun regueiro,/ unha serra dun outeiro/ e un mundo de Pelourín...?/ ?Quen me iba dicir a min/ que un mindoniense libreiro/iba inspirar a Cunqueiro/as historias de Merlín...?/ E este Merlín singular/--Manuel Montero por nome--/antes que mago é un home./ E ten, na ollada, a brillar/¡unha febre que o consome/ nun alto e puro soñar...!/

 Obras realizadas

En 1991, ano dedicado a Álvaro Cunqueiro, Manolo Montero fíxolle unha particular homenaxe expoñendo fotografías, libros e recordos do escritor, que foi amigo seu e conselleiro e inspirouse nel para escribir o seu libro sobre o Mago Merlín. Noutras ocasións xa se celebraron homenaxes a outros personaxes ilustres da nosa cultura e Manolo Montero busca constantemente e atopa valores gráficos, históricos, artísticos e literarios que permanecerían ocultos se el non os rescatase para expoñer na súa tenda museo.