Licenciado en Xeografía de Historia pola Universidade Complutense de Madrid (1978), foi profesor de Crítica, Estética e Arte do Século XX nas Facultades de Belas Artes de Salamanca (1988-92) e Pontevedra (1993-95), xefe de redacción de "Buades" (xornal de arte) (1984-89), exerce a crítica de arte en revistas e xornais como Diario 16 e ABC. En 1955 fundou "Arte y parte", revista bimestral de información artística, que editou e dirixiu ata 1998. Foi responsable de compras da "Fundación Coca-Cola España" entre os anos 1995 e 1998. En 1998 foi elixido membro do Consello Rector do IVAM, no que permanece ata o ano 2000. Foi responsable da presencia española na Bienal de Sâo Paulo (1989) e comisario de exposicións como "Artistas en Madrid anos 80·, as últimas edicións do "Salón dos 16" ou Una mirada tensa". De 1998 a 2005 foi o director do Centro Galego de Arte Contemporáneo, para o que preparou exposicións de artistas como Giuseppe Penone, Jürgen Partenheimer, Rafael Baixeras, Francisco Leiro, Rebecca Horn, Georges Rousse, Stephan Balkenhol, Darío Villalba ou Peter Wüthrich.