Xaquín Bieito Marín Formoso


Pseudónimo:Xaquín Marín
Categoría: Caricaturista
Data de Nacemento: 10 de outubro de 1943
Lugar de Nacemento: Ferrol (A Coruña)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Currículum

Participou como xurado no V Certame Internacional de Caricatura e Debuxo Humorístico de Santa Cruz de Tenerife (1998), no Portocartoon Word Festival de Porto (1998, 2000, 2001, 2002, 2003 e 2004), no Salao Luso-galaico de Caricatura de Vilareal (2000), nos Premios Curuxa de Fene (1986 a 2003), no Premio Rañolas de Literatura e Ilustración de Santiago (1998) e no Premio ‘A Galiza que eu quero’ Campofrío, Santiago (1993).
Impartiu charlas, conferencias e cursiños por toda Galicia, Acarigua (Venezuela), Cáceres, Caracas, Lepe, Madrid, Porto, Pozuelo e Segovia e ten participado en numerosos libros colectivos, ilustracións, carteis, adhesivos, camisetas, postais, pratos, pins, marcadores, etc. Ademais, levou a cabo máis de 300 exposicións individuais e colectivas por todo o mundo.

 Obras realizadas

LIBROS EDITADOS:
‘2 viaxes’ (con R Patiño), Brais Pinto, Madrid (1975), ‘Ratas’, Ed. 3,14,17, Madrid (1977), ‘Gaspariño’, Ed. do Rueiro, A Coruña (1978), ‘Alcacén para gaitas’, Edicións do Castro, Sada (1980), ‘Dos pés á testa’, Galaxia, Vigo (1980), ‘Gaspariño 2’, Xerais, Vigo (1982), ‘Debuxos de Humor’ (con Siro López), Pontedeume, ‘O home que falaba arameo’ (con R. Patiño), Sada (1988), ‘Xunta e revolta’, Xunta de Galicia, Santiago (1989), ‘O A.B.C. do cómic’, Bahía, A Coruña, (1995), ‘Cen Pés’, Edicións do Castro, Sada (1996), ‘Feito a man’, Consellería de Cultura, Santiago (1997), ‘Dragón Rock’, Casals, Barcelona (1999), ‘Humor líquido, o caso galego’, Museo do Humor (2000), ‘Trinta e tantos con Xaquín Marín’, edición propia, Ferrol (2001), ‘Imos coñecer o humor’, Inédito, Unidade Didáctica (2002), ‘Malfeito, bufón’, Casals, Barcelona (2003) e ‘O Peixe de Pedra’ (con Ramón Loureiro), A Nosa Terra, 2005.

 Outros datos de interese

Foi galardoado cos seguintes premios e distincións: a Paleta Agromán, Madrid (1982 e 1991), I Premio Galicia de Xornalismo, Santiago (1984, 1989 e 1997), 1º Premio Bienal de Grávobo - Bulgaria (1987), Vieira do Humor, Madrid (1983), Ourense 91/ Banda deseñada (1991), galego do ano (1997), Asociacións Culturais de Carballo (1998), Caveira do Samín, Cedeira, (1999) e Sorriso de Prata, Silleda (2002).
É fundador e director do Museo do Humor de Fene dende 1984, membro fundador de FECO España., membro da Academia de Humor de Pozuelo (Madrid) e Profesor Honorífico de Humor da Universidade de Alcalá de Henares.
As súas obras figuran nos seguintes museos: Carlos Maside (Sada), Museo do Humor (Fene), Museo de Pontevedra, Quiñones de León (Vigo), Museo da Universidade de Alcalá de Henares, Fundación Simavi (Istambul), Museo de Humor (San Antonio de los Baños - Cuba), Club de Humor (Odessa), Casa do Humor e a Sátira (Gravobo - Bulgaria) e Museo do Humor (Acarigua - Venezuela).