Carlos L. Valcárcel Gay


Categoría: Fotógrafo
Data de Nacemento: 6 de xaneiro de 1929
Lugar de Nacemento: Lugo
Teléfono: 982812422
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Obras realizadas

Realizou as seguintes exposicións individuais: "Foto-Cine Riano" (Lugo, 1976), "Sala Ton Sirena" (Lérida, 1976); "Agrupación Fotografía de San Juan Bautista" (San Adrián de Besos, Barcelona, 1977); "Foto-Cine Riano" (Lugo, 1983); "Deputación Provincial de Lugo" (Lugo, 1988) e "Sala de Exposicións de Monforte de Lemos" (Lugo, 1988). Realizou as seguintes exposicións colectivas: "Arte Fotográfico" (Madrid, 1978); "1ª Fotobienal" (Vigo, 1978); "1ª Bienal Lucense de Fotografía" (Lugo, 1985); "I Encontro da Fotografía" (Ceuta, 1987); "2ª Mostra de Fotografía", (Biblioteca Provincial de Lugo, 1989); "40 años Fotografía en Lugo" (Lugo, 1998) e "Memoria Visual de Lugo. 168 años de Fotografía" (Lugo, 2001). Publicou as obras: Portafolio en Arte Fotográfico (1978); 1ª Fotobienal (Vigo) (1984); 1ª Bienal Lucense de Fotografía, (1985); I Encuentro de la Fotografía en Ceuta (1987); 2ª Mostra de Fotografía de Lugo (1989) e Cuatro direcciones. Fotografía Contemporánea Española (Centro de Documentación do Centro de Arte Raíña Sofía) (1991).

 Outros datos de interese

Conseguiu, entre outros, os seguintes premios: 1º premio "Agrupación Fotográfica", Cádiz, 1968; "VI Premio Negtor Internacional" (1968); 1º Premio "IX Salón Nacional de Fotografía", Cádiz (1969); Premio de Honor da "Medalla Gaudí", Reus (1969); 1º Premio "Trofeo Piel", Igualada (1970); 1º Premio Internacional de Bos Aires (1970); 1º Premio Banco Hispano Americano (1971); 1º Premio Trofeo Galicia, Ribadavia (1972); 1º Premio "Folla de Carballo", Lugo (1974); 1º Premio "Diafragma 74", Lugo (1975); 1º Premio "Concurso Provincial", Lugo (1987),... Hai referencias ós seus traballos en revistas de fotografía españolas. O seu nome aparece no libro Historia de la fotografía da francesa Marie-Loup Sougez. Vintedúas das súas fotografías están incluídas no video-disco que, sobre a fotografía española, editou o Proxecto "4 Direcciones" en colaboración co centro de documentación do "Centro de Arte Raíña Sofía". O cinco de novembro de 2003, expón na sala da Fundación Caixa Galicia, coa asistencia do rector da Universidade de Santiago de Compostela, o Presidente da Deputación, o Alcalde de Lugo, o vicerretor da Universidade de Lugo e do que se fan eco diversos xornais galegos. En marzo de 2004, expón no marco da Igrexa da Universidade. No acto de inauguración desta exposición, participa a vicerretora de Extensión Cultural, Mar Lorenzo.
Posteriormente foi exhibida en Ribadeo e en Ribeira (A Coruña).