Miguel de Romay


Categoría: Arquitecto
Lugar de Nacemento: Santiago de Compostela (A Coruña)
 Currículum

Pertencía a unha familia de escultores e arquitectos. En Santiago traballou con Casas y Novoa e Simón Rodríguez. Foi un dos grandes retablistas de Galicia.

 Obras realizadas

Xunto con Alfonsín, un escultor galego, deu as trazas e o traballo para os órganos dos lados do Altar Maior da catedral de Santiago de Compostela. Un dos seus primeiros traballos foi a realización dos órganos da catedral de Santiago. Tamén realizou dentro da catedral o retablo da Soledad (1704) e os tornasoles dos púlpitos. Despois realizou os retablos maiores da capela da Terceira Orden, das Igrexas de Santa Salomé e do Pilar, da colexiata de Iria Flavia, do Santuario de Muxía e da capela do Cristo de Fisterra. En 1727 colaborou no retablo maior da Igrexa da Universidade. Tres anos máis tarde, traballou no retablo maior de San Martín Pinario, baixo a dirección de Fernando de Casas. En 1736 inaugurouse outra das súas obras máis importantes: o Tabernáculo da capela dos Ollos Grandes da catedral de Lugo, tamén en colaboración con Fernando de Casas.