Cantor do coro infantil do seu colexio desde os 5 anos.
Ademais de estudar piano e composición nos conservatorios de Santiago de Compostela e Vigo, realiza estudos non regulados sobre jazz, electroacústica e informática musical.
No campo da Dirección Coral iníciase da man de Manel Cabero e Javier Busto, asistindo a numerosos cursos e seminarios internacionais cos máis prestixiosos directores e estudando posteriormente con Eric Ericson en Suecia.
En Galicia funda os coros Ad Libitum (1990), Vivace (1998) e Vocal Galega (2008) e colabora como invitado de numerosas agrupacións e entidades nacionais e internacionais, impartindo habitualmente cursos e obradoiros (Portugal, Italia, Bélxica, Venezuela e EE.UU.) ademais de formar parte de xurados e asesorar entidades e federacións corais.
Como compositor, escribiu numerosas obras para coro premiadas e editadas en Galicia, Euskadi, Suecia e EE.UU., incluíndo encargos de agrupacións e festivais de todo o mundo. No ano 2002 recibe o Gran Premio Nacional de Canto Coral ao fronte do coro Camerata ad Libitum.
Desde sempre desenvolveu un importante labor didáctica traballando con coros novos e impartindo clases de técnica vocal e dirección coral nos máis prestixiosos cursos incluíndo o curso de verán organizado por Camerata en Galicia polo que pasaron centos de cantores e directores de toda España.