Xosé Molejón Rañón


Pseudónimo:X. Mora
Categoría: Crego
Data de Nacemento: 15 de setembro de 1934
Lugar de Nacemento: Santiago de Reinante
Teléfono: 982223192
 Currículum

Ordenouse sacerdote o 20 de agosto de 1961. Foi coadxutor da Igrexa de San Pedro (Lugo) de 1961 a 1968, beneficiario-coadxutor da catedral de Cádiz de 1968 a 1971, beneficiario-organista 2º da Catedral de Lugo (previa oposición), cóengo da Catedral de Lugo, organista e tenor 2º, profesor do Seminario de Lugo durante 30 anos, capelán da Confraría do Bo Xesús (Lugo) durante 13 anos, director da Coral "Meigas e Trasgos" de Sarria (1972-75), profesor de Relixión do Instituto Feminino de Lugo (1971-74) e coordinador diocesano do ano Mariano (1987-88). É diplomado en Harmonía e Canto Gregoriano pola Escola Superior de Música Sacra de España.

 Obras realizadas

Publicou artigos en El Progreso de Lugo. É autor da comedia Os apuros dun zapateiro, da obra Las Cofradías de Semana Santa en la Ciudad de Lugo e da historia completa da "Ofrenda" ó Santísimo Sacramento (166 ata o ano 2001) do Reino de Galicia. Recompilou tres coleccións de melodías relixiosas. É colaborador da revista "Lucensia", autor do Nomenclator Centenario (século XX) de tódolos sacerdotes ordenados na diocese Mindoniense-Ferrolana e da do Bispado de Lugo durante o século XX con breve currículo.