Licenciado en Xeografía e Historia (Arte) pola Universidade de Santiago de Compostela. Ten sido Arquiveiro Diocesano de Astorga, e de novo dende o ano 2020 compaxinándoo coa Dirección do Arquivo Diocesano de Ourense. É membro fundador do grupo Francisco de Moure para o estudio de Arte en Ourense. Membro da Confraría Internacional de Investigadores de Toledo, da Real Academia Matritense de Xenealoxía e Heráldica, da Orde Sevillana de San Clemente, do Centro de Estudos astorganos Marcelo Macías, do Instituto de Estudos tudenses e do Instituto Galaico Minhoto. Membro de Honra do Instituto de Estudios Valdeorreses. Foi durante 30 anos Cóengo arquiveiro da Catedral de Ourense, Director do Museo da Catedral. Delegado Diocesano de Patrimonio de Ourense. Director así mesmo do Seminario de Haxiografía, Toponimia e Onomástica de Galicia "Fontán-Sarmiento" de Santiago de Compostela. Director da Revista "Porta da Aira" do grupo Francisco de Moure e Diversarum rerum dos Arquivos Diocesanos e Catedralicio de Ourense e en Astorga fundador e director de "Notas de Arquivo" revista de investigación do Arquivo Diocesano e dende 2021 Director do Boletín Oficial do Bispado de Astorga. Formou parte da Xunta Directiva da Asociación de Arquiveiros da Igrexa de España.
É autor e coautor de 107 libros de Historia e Arte entre eles 'La Catedral de Ourense' en colaboración cos Drs. Hervella e Izquierdo, 'El monasterio de Oseira' en colaboración co Pai Damián Yáñez, 'El Santuario de Nuestra Señora de las Ermitas con los Doctores Bonet Correa y Carballo Calero-Ramos. El monasterio de Celanova, La Catedral de Ourense, La edición de la obra Celanova ilustrada... Así mesmo publicou varias decenas de traballos en revistas científicas e abundantes artigos na prensa de Ourense e de Astorga. Foi organizador dos congresos internacionais sobre o Císter en Galicia e Portugal e comisario de varias exposicións entre elas "Cruz alzada por el Señor Santiago en la Diócesis de Ourense", Xacobeo 99. La Ribeira Sacra, En olor de Santidad e Camino de Paz. Mane Nobiscum Domine, con el Dr. García Iglesias, e 'Hospitalitas' de 'Las Edades del Hombre' en Villafranca en 2024. Como poeta ten 3 libros publicados e varios premios. Conferenciante e membro de varias comisións de patrimonio. É socio de honra do Liceo de Ourense. Como profesor invitado, impartiu clases de Historia da Arte na Universidade de Vigo, Campus de Ourense e docente de Historia da Igrexa no Instituto Divino Maestro de Ourense e de ISTAL, Instituto Teolóxico de Astorga-León, ambos adscritos á Universidade Pontificia de Salamanca.