Estudiou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e exerceu de avogado na Coruña, onde pasou a maior parte da súa vida. Foi secretario da Sala da Audiencia Territorial e deputado pola Coruña nas Cortes Constituíntes da República (1931-33), formando parte da Comisión de Facenda.
Colaborador de La Voz de Galicia, en 1934 participou nun ciclo de conferencias da Unión Nacional Económica de Madrid, no que desenvolveu o tema “A economía galega e a solidariedade económica nacional”.
Foi membro da Real Academia Galega e presidente do orfeón coruñés El Eco en 1927.