Xúlio Lago Alonso


Categoría: Director de escena, actor, iluminador teatral.
Data de Nacemento: 5 de abril de 1946
Lugar de Nacemento: Vigo (Pontevedra)
 Currículum

Director de escena, actor, iluminador teatral. Promotor e director do grupo "Esperpento" de Vigo (1970-1974), organizador das I e II Xornadas de Teatro de Vigo (1970-1974), promotor e director de grupo "La Picota" (Madrid, 1974-1978), promotor e director da Compañía "Mari-Gaila" (Compostela, 1978-1984), promotor e director da Compañía "Teatro do Atlántico" (Compostela - A Coruña, 1985). Forma parte do colectivo de profesionais que promoven a creación do Centro Dramático Galego (1984) e dirixe a primeira producción. Ten asistido a diversos seminarios: Dirección e Interpretación con Augusto Fernandes (Shakespeare, Ibsen, Chéjov), María Ruiz (Macbeth), Enrique Buenaventura (Creación Colectiva), José Estruch (Interpretación). É membro da ADE (Asociación de Directores de Escena de España) e da AADTE (Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia). Foi Presidente de APADEGA (Asociación Profesional de Actores de Dobraxe de Galicia).

 Obras realizadas

Leva máis de vintecinco anos de dedicación profesional no campo do teatro, centrándose fundamentalmente na Dirección de Escena, con máis de trinta espectáculos dirixidos, entre os que cabería destacar: En produccións de Teatro do Atlántico: Non se chora (R. Cossa), Casa de Bonecas (Henrik Ibsen), A Noite das Tribades (Olev Enquist) ou O Cerco de Leningrado (Sanchis Sinisterra). Para o C.D.G.; A fiestra Valdeira (R. Dieste), Woyzeck (Buchner), A noite vai coma un río (Cunqueiro). En produccións de Teatro do Noroeste de Viana do Castelo (Portugal). Marsal Marsal, para Talia Teatro, ou O inimigo do povo (H.Ibsen) e Executor 14, Adel Hakim.

 Outros datos de interese

Premios Compostela 1991 á Mellor Dirección por Historia de Neera. Finalista Premios ADE de Dirección por Tolos de Amor. Premio ó Labor Teatral concedido pola C.R.C. Xiria de Cangas do Morrazo Premio María Casares á Mellor Dirección por A Noite das Tribades. Actor e Director de Dobraxe durante 10 anos.