Masito E. Beiró


Pseudónimo:Masito
Categoría: Pintor
Data de Nacemento: 1955
Lugar de Nacemento: Padrón
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Currículum

É fillo do pintor Beiró-Buxán. Foi bolseiro da Escola de Artes ‘Mestre Mateo’ de Santiago e licenciouse en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago. É xornalista da Axencia EFE e xefe de prensa do Concello de Padrón. Anteriormente fora correspondente do xornal El Correo Gallego desde 1986 ata 1990. Foi director fundador da revista ‘Petroglifo’ e leva desde hai 14 anos dous programas de radio para a emigración en Cataluña. Na actualidade compaxina o seu traballo no concello coa pintura. Este ano tivo a súa obra na Bienal Convento do Carme de Padrón e no certame Bello Piñeiro de Ferrol. Participou en exposicións en Rianxo, Pontevedra, Santiago, Arte Mostra Santiaguiño, O Caurel e Forcarei.

 Obras realizadas

Cartelista e deseñador, é autor de ilustracións de libros como ‘Pseudopoesía da Costa da Morte’ de Arturo Romaní (1978); ‘Paixón e vida dun poeta’ e ‘Almenar Poético’ os dous de Maximino Castiñeiras (1981 e 1983); ‘Balada do vento na ría’ de Xesús Santos (1984); ‘Poetas premiados no Concurso Rosalía’, Barcelona (1992) e ‘Diáspora.com’ (2003) de J. Lobato. Tamén é autor de numerosos carteis de festas como os da Pascua de Padrón, A Anguía de Valga (onde acadou tres anos o primeiro premio), Corrubedo, Congreso do Deportivo da Coruña (1999), Irmanamento Noirmountier (1993), etc… Realizou exposicións individuais en Santiago, Barcelona, Toledo, Cornellá, París, Bos Aires, Forcarei e Padrón.

 Outros datos de interese

No ano 1963 acada o primeiro premio de pintura infantil organizado polo xornal La Voz de Galicia e participa nunha colectiva de xoves valores na Coruña. Tamén pertence á Fundación Rosalía de Castro, é membro da Asociación de Pintores da rexión A Vendée (Francia), da Fundación Ruta Marítima de Arousa e Ulla, escribán maior da Orde do Pemento de Herbón e secretario do xurado dos premios de narrativa Camilo José Cela e de Teatro Maruxa Villanueva.