Estudou Filosofía e Letras nas Universidades de Santiago e Complutense de Madrid e Ciencias da Información na Complutense.
De 1976 a 1986 foi profesor no CES Numen, centro asociado á UNED, en Madrid.
En 1986 incorporouse a La Voz de Galicia. Abriu a primeira delegación deste xornal en Lalín, no que foi delegado de la Voz e director de Radio Voz e Onda Cero ata o ano 2000.
Desde entón, traballa como director de Comunicación da Deputación de Pontevedra.
É autor de libros de texto e comunicación como “El Comentario de Textos, asimilación y sentido crítico”; “A prensa da emigración, Fomento de la Instrucción Galega”, (coautor) ou “Los centros de la emigración pontevedresa en Buenos Aires”.
Participa en varias tertulias e publica traballos e estudos en revistas especializadas e xornais galegos.